viernes, 13 de junio de 2014

miércoles, 11 de junio de 2014

Reportaxe sobre a campaña



Durante este curso, estivemos preparando a campaña sobre ecoloxía no noso centro. No primeiro semestre recollimos a información necesaria para poder facer a campaña. No segundo planificámola e por último no terceiroa levamos a cabo.
Pode que o día máis importante durante a campaña (durou unha semana) fora o Día do Medio Ambiente, o xoves 5 de Xuño.
Como era unha data máis especial fixemos os Bos días do noso colexio explicando un pouco o que é a ecoloxía
Alba lendo os Bos Días


E ademáis lles presentamos unha xincana ecolóxica con premio aos tres primeiros gañadores. As preguntas as repartimos polas clases e ao día seguinte (o día do Medio Ambiente) colocamos as respostas polo patio antes do recreo. 
          
  













Ao final da mañá xa tiñamos ao gañador e as gañadoras. No primeiro posto quedou un compañeiro noso, Daniel. El tamén fixo unha campaña (sobre o acoso escolar) durante o ano.  No segundo posto outra compañeira nosa, Alba que tamén fixo unha campaña neste ano (sobre a autoestima) e no terciero posto duás compañeiras de 3º. Noraboa!
Ao rematar a campaña, todos chegamos a dúas conclusións principais:
Habíamos conseguido cumplir os tres obxectivos da nosa campaña
A participación que esperabamos dos ecoalumn@s do centro foi maior da pensada. Grazas!



Links:
Blog de Daniel e o seu grupo: http://horasenacoso.blogspot.com.es/
Blog de Alba e o seu grupo:  http://cidadansdunlugarchamadomundo.blogspot.com.es/

martes, 10 de junio de 2014

Semana 3

10/6/2014
Subimos o video a Youtube aínda que non nos deu tempo a subilo a blog.
Traballamos todos, Xabi mellorou moito.
Tampouco nos deu tempo de facer a reportaxe, que faremos o próximo día.

martes, 20 de mayo de 2014

sesión 2


20/5/14
Rematamos o punto do día anterior pero non o de hoxe. Traballamos todos. 

Materiais necesarios para a campaña

Materiais:
  • Comida
  • Recolectores
  • Guión para as preguntas da xincana 
  • Un guión para os avisos dos Bos Días
Preguntas da xincana:
     1.  Que é a ecoloxía?    
Ciencia que estuda aos seres vivos, os seus ecosistemas e como convivir con eles sen facerlles dano.
  
     2. Cita catro accións anti-ecolóxicas
   Consumismo, emisións de gases contaminates á capa de ozono, contaminar a auga e non por en uso os    3 erres (reducir, reutilizar, reciclar)

     3.  Por que se producen as accións anti-ecolóxicas?
      Pola falta de coñecemento e o uso excesivo de fontes de enerxía non-renovables, que son as que   xeran   máis diñeiro. 

    4. Cales son as principais consecuencias do uso de fontes de enerxía non-renovables?
      Choiva ácida, residuos radioactivos e o efecto invernadoiro. 

   5.Relaciona cada material co seu correspondente colector:
       papel de aluminio: plástico
       brik de leite: plástico
       coche de xoguete (con pilas): plástico e colector de pilas
     


Guión dos Bos Días:

Día 2 de Xuño: Bos días eco-alumn@s. Hoxe comeza a campaña a favor da ecoloxía presentada por un grupo de alumnos de 2º ESO B. Como parte da campaña, esta semana vos ofreceremos unha serie de retos ecolóxicos. O primeiro reto consiste en usar os recolectores de lixo correctamente, tirando cada residuo no seu correspondente lugar.
Día 3 de Xuño: Bos días ecoalumn@s, o reto de hoxe será baixar o consumo no teu fogar, acende a luz só cando é preciso, aforra auga, non enchas a bañeira, á vez estarás aforrando no consumo de gas.  
Día 4 de Xuño: Bos días ecoalumn@s, o reto ecolóxico do día é reutillizar e reciclar o papel que empregues ao largo do día.
Día 5 de Xuño: Presentación da ecoloxía (PPT). Bos días ecoalumn@s. Como hoxe é o Día do Medio Ambiente o reto  é diferente. O reto especial é unha xincana ecolóxica con premio aos tres primeiros gañadores.  
Día 6 de Xuño: Bos días ecoalumn@s, o último reto ecolóxico e non empregar aerosois en spray despois de E.F. Estes contaminan e destrúen a capa de ozono. Aínda que a campaña remate non deixedes de reciclar e coidar o planeta. Moitas grazas  pola vosa colaboración. Felíz día.



Texto que dirase mentras está posto o PPT



GUIÓN PARA O PPT DOS BOS DÍAS
A ECOLOXÍA
(1ª diapositiva)
Qué é a ecoloxía?
 É a ciencia que estuda aos seres vivos, os seus ecosistemas e como convivir con eles sen facerlles dano, é dicir, estuda a convivencia entre o medio ambiente e os seres vivos.
(2ª diapositiva) 
Onde e cando?
 O termo  o empregou por 1º vez o zoólogo alemán Ernst Haeckel aínda que realmente tivo os seus principios co desarrollo da teoría da evolución de Darwin.  Pero a ecoloxía non comezou a florecer ata o século XX, cando as persoas déronse conta de que estaban esgotando os recursos do seu planeta.
(3ª diapositiva)
Como se manifestan as accións anti-ecolóxicas?
As accións anti-ecolóxicas maniféstanse  cando non coidamos o medio ambiente.
Son actos que destrúen o planeta e traen como consecuencia a contaminación, como por exemplo consumir en exceso, non reciclar o lixo, malgastar  auga, a emisión excesiva de gases contaminantes á capa de ozono…
(4ª diapositiva)
Por que se producen?
As accións anti-ecolóxicas prodúcense pola ignorancia dende pequenos e pola cantidade diñeiro que pode xerar o uso das fontes de enerxía que extraemos da Terra. As que xeran máis diñeiro son as fontes de enerxía non-renovables como o carbón, o gas natural, o petróleo, o uranio…  pero a que prezo?
(5ª diapositiva)
Como previlas?
Por iso entre todos debemos coidar o medio ambiente. Algúns consellos que podemos facilitarvos son aforrar a auga, consumir de forma responsable, empregar os 3 erres (reducir, reciclar e reutilizar), usar productos ecolóxicos …
(6 ª diapositiva)
Aínda estamos a tempo, salva á Terra.






martes, 13 de mayo de 2014

Sesión 1

13/5/14
traballamos todos pero Xabier faltou e non rematamos o previsto para hoxe

Explicación da campaña


 Campaña do medio ambiente:
  1. Obxectivos
  • Concienciar aos alumn@s da E.S.O da importancia do medio ambiente.
  • Conseguir que os centros estén máis limpos.
  • Motivar aos alumn@s da E.S.O a reciclar na casa.
     2. Receptores:
  • Alumn@s da ESO

     3.   Accións concretas (durante a semana verde):
  • Explicar que é a ecoloxía, o que a xente non fai e o que deberían facer (Día do Medio Ambiente; 5 de Xuño)
  • Repartir listas polas clases de ESO para saber quenes participan na xincana e explicar en que consiste.
  • Retos durante a semana verde (unha por día). Avisaránse polos bos días.
    Día 2 de Xuño: Se instalarán colectores de reciclaxe polo que o o primeiro reto sería usalos correctamente, tirando cada residuo no seu correspondente lugar.
    Día 3 de Xuño: Baixa o consumo, acende a luz só cando é preciso, aforra auga, non enchas a bañeira, á vez estarás aforrando no consumo de gas.  (Na casa)
    Día 4 de Xuño: Reutilliza e recicla o papel que empregues ao largo do día.
    Día 5 de Xuño: Presentación da ecoloxía (PPT). Reto especial:  xincana con premio aos tres primeiros gañadores.
    Día 6 de Xuño: Non empregues aerosois en spray despois de E.F. Estes contaminan e destrúen a capa de ozono.
  • Colocación de cubos de lixo (plásticos, papeis e materiais orgánicos) polo centro
    4. Temporalización:
  • Semana do 2 ao 5 de Xuño de 2014
    Cargo
    Funcións e tarefas
    Data incorporación
    Coordinador                                                                      
    Ana SV                                                                                 8/10/13
     Alba PF                   Cordinar                          25/11/13
    Abraham FP                                                                           17/2/2014
    Xabier EN                                             13/5/2014














    Secretario/a
    Xabi EN
    Abraham FP
    Alba PF
    Ana SV
    Manter silencio.
    8/10/13
    25/11/13
    Corrixir aos compañeiros cando haxa faltas de ortografía.
    21/10/13
    17/2/2014
    13/5/2014








    Responsable do material
    Abraham  FP
    Ana SV
    Xabi ÉN
    Alba PF
    Traer todo o material.
    8/10/13
    25/11/13
    17/2/2014
    13/5/2014










    Axudante
    Alba PF
    Xabier ÉN
    Ana SV
    Abraham FP

    Colaborar con todos.
    8/10/13
    25/11/13
    Axudar cando é preciso .
    21/10/13
    25/11/13
    17/2/2014
    13/5/2014










    lunes, 31 de marzo de 2014

    sesión 20

    31/3/14
    traballamos todos pero Xabi faltou. Nos nos deu tempo a facer os exercicios.

    lunes, 24 de marzo de 2014

    SESIÓN 19

    24/3/2014
    Traballamos todos e terminamos a solicitude

    Solicitude de permiso para a campaña.

    Ana Sanjurjo  Vérez, Alba Pérez Fernández , Xabier Ézara Nogueira  e Abraham Fernández Ponce; do curso 2º E.S.O B.

    EXPOÑEN:
    1.       Que necesitan uns minutos dos Bos Días, durante o período da Semana Verde; durante a cal propoñerémoslle unha serie de retos diarios ao alumnado que teñan que ver coa nosa campaña (Ecoloxía, reciclaxe, no centro) durante a 3ª Avaliación.
    2.   Que necesitan permiso para colocar unhas papeleiras de reciclaxe no patio, durante a “Semana Verde”. Se o alumnado actúa de forma positiva con esta acción da campaña, pediremos permiso para deixala máis tempo.

    Por todo o anterior SOLICITAN:
    Que lles sexa concedido o permiso da xefatura, do equipo de Pastoral e do Sr. Director.

    Vigo 24 de marzo de 2014.
    Asdo: Ana Sanjurjo, Alba Pérez, Xabier Ézara e Abraham Fernández.


    Xefatura de estudos, equipo de Pastoral e Sr. Director.

    lunes, 17 de marzo de 2014

    (PPT) PROGRAMACIÓN CAMPAÑA DE REVENCIÓN

    https://drive.google.com/file/d/0ByIW4taTejqJZDQ0dm9nMW1ONlE/edit?usp=sharing

    OS DEREITOS HUMANOS NA NOSA CAMPAÑA


     Entre os moitos documentos, leis, órganos, entidades... que poidan existir a favor da ecoloxía, nós os presentamos algúns deles como:
    O dereito ambiental é un órgano que mediante tratados, estatutos… controlan a interacción entre as persoas e o medio ambiente.  Os seus obxectivos son:

    Logo do órgano "Dereito Ambiental"
    1. Control da contaminación      
    2. Conservación dos recursos