Mostrando entradas con la etiqueta Realización da campaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Realización da campaña. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de junio de 2014

miércoles, 11 de junio de 2014

Reportaxe sobre a campaña



Durante este curso, estivemos preparando a campaña sobre ecoloxía no noso centro. No primeiro semestre recollimos a información necesaria para poder facer a campaña. No segundo planificámola e por último no terceiroa levamos a cabo.
Pode que o día máis importante durante a campaña (durou unha semana) fora o Día do Medio Ambiente, o xoves 5 de Xuño.
Como era unha data máis especial fixemos os Bos días do noso colexio explicando un pouco o que é a ecoloxía
Alba lendo os Bos Días


E ademáis lles presentamos unha xincana ecolóxica con premio aos tres primeiros gañadores. As preguntas as repartimos polas clases e ao día seguinte (o día do Medio Ambiente) colocamos as respostas polo patio antes do recreo. 
          
  













Ao final da mañá xa tiñamos ao gañador e as gañadoras. No primeiro posto quedou un compañeiro noso, Daniel. El tamén fixo unha campaña (sobre o acoso escolar) durante o ano.  No segundo posto outra compañeira nosa, Alba que tamén fixo unha campaña neste ano (sobre a autoestima) e no terciero posto duás compañeiras de 3º. Noraboa!
Ao rematar a campaña, todos chegamos a dúas conclusións principais:
Habíamos conseguido cumplir os tres obxectivos da nosa campaña
A participación que esperabamos dos ecoalumn@s do centro foi maior da pensada. Grazas!



Links:
Blog de Daniel e o seu grupo: http://horasenacoso.blogspot.com.es/
Blog de Alba e o seu grupo:  http://cidadansdunlugarchamadomundo.blogspot.com.es/

martes, 20 de mayo de 2014

Materiais necesarios para a campaña

Materiais:
  • Comida
  • Recolectores
  • Guión para as preguntas da xincana 
  • Un guión para os avisos dos Bos Días
Preguntas da xincana:
     1.  Que é a ecoloxía?    
Ciencia que estuda aos seres vivos, os seus ecosistemas e como convivir con eles sen facerlles dano.
  
     2. Cita catro accións anti-ecolóxicas
   Consumismo, emisións de gases contaminates á capa de ozono, contaminar a auga e non por en uso os    3 erres (reducir, reutilizar, reciclar)

     3.  Por que se producen as accións anti-ecolóxicas?
      Pola falta de coñecemento e o uso excesivo de fontes de enerxía non-renovables, que son as que   xeran   máis diñeiro. 

    4. Cales son as principais consecuencias do uso de fontes de enerxía non-renovables?
      Choiva ácida, residuos radioactivos e o efecto invernadoiro. 

   5.Relaciona cada material co seu correspondente colector:
       papel de aluminio: plástico
       brik de leite: plástico
       coche de xoguete (con pilas): plástico e colector de pilas
     


Guión dos Bos Días:

Día 2 de Xuño: Bos días eco-alumn@s. Hoxe comeza a campaña a favor da ecoloxía presentada por un grupo de alumnos de 2º ESO B. Como parte da campaña, esta semana vos ofreceremos unha serie de retos ecolóxicos. O primeiro reto consiste en usar os recolectores de lixo correctamente, tirando cada residuo no seu correspondente lugar.
Día 3 de Xuño: Bos días ecoalumn@s, o reto de hoxe será baixar o consumo no teu fogar, acende a luz só cando é preciso, aforra auga, non enchas a bañeira, á vez estarás aforrando no consumo de gas.  
Día 4 de Xuño: Bos días ecoalumn@s, o reto ecolóxico do día é reutillizar e reciclar o papel que empregues ao largo do día.
Día 5 de Xuño: Presentación da ecoloxía (PPT). Bos días ecoalumn@s. Como hoxe é o Día do Medio Ambiente o reto  é diferente. O reto especial é unha xincana ecolóxica con premio aos tres primeiros gañadores.  
Día 6 de Xuño: Bos días ecoalumn@s, o último reto ecolóxico e non empregar aerosois en spray despois de E.F. Estes contaminan e destrúen a capa de ozono. Aínda que a campaña remate non deixedes de reciclar e coidar o planeta. Moitas grazas  pola vosa colaboración. Felíz día.



Texto que dirase mentras está posto o PPT



GUIÓN PARA O PPT DOS BOS DÍAS
A ECOLOXÍA
(1ª diapositiva)
Qué é a ecoloxía?
 É a ciencia que estuda aos seres vivos, os seus ecosistemas e como convivir con eles sen facerlles dano, é dicir, estuda a convivencia entre o medio ambiente e os seres vivos.
(2ª diapositiva) 
Onde e cando?
 O termo  o empregou por 1º vez o zoólogo alemán Ernst Haeckel aínda que realmente tivo os seus principios co desarrollo da teoría da evolución de Darwin.  Pero a ecoloxía non comezou a florecer ata o século XX, cando as persoas déronse conta de que estaban esgotando os recursos do seu planeta.
(3ª diapositiva)
Como se manifestan as accións anti-ecolóxicas?
As accións anti-ecolóxicas maniféstanse  cando non coidamos o medio ambiente.
Son actos que destrúen o planeta e traen como consecuencia a contaminación, como por exemplo consumir en exceso, non reciclar o lixo, malgastar  auga, a emisión excesiva de gases contaminantes á capa de ozono…
(4ª diapositiva)
Por que se producen?
As accións anti-ecolóxicas prodúcense pola ignorancia dende pequenos e pola cantidade diñeiro que pode xerar o uso das fontes de enerxía que extraemos da Terra. As que xeran máis diñeiro son as fontes de enerxía non-renovables como o carbón, o gas natural, o petróleo, o uranio…  pero a que prezo?
(5ª diapositiva)
Como previlas?
Por iso entre todos debemos coidar o medio ambiente. Algúns consellos que podemos facilitarvos son aforrar a auga, consumir de forma responsable, empregar os 3 erres (reducir, reciclar e reutilizar), usar productos ecolóxicos …
(6 ª diapositiva)
Aínda estamos a tempo, salva á Terra.






martes, 13 de mayo de 2014

Explicación da campaña


 Campaña do medio ambiente:
  1. Obxectivos
  • Concienciar aos alumn@s da E.S.O da importancia do medio ambiente.
  • Conseguir que os centros estén máis limpos.
  • Motivar aos alumn@s da E.S.O a reciclar na casa.
     2. Receptores:
  • Alumn@s da ESO

     3.   Accións concretas (durante a semana verde):
  • Explicar que é a ecoloxía, o que a xente non fai e o que deberían facer (Día do Medio Ambiente; 5 de Xuño)
  • Repartir listas polas clases de ESO para saber quenes participan na xincana e explicar en que consiste.
  • Retos durante a semana verde (unha por día). Avisaránse polos bos días.
    Día 2 de Xuño: Se instalarán colectores de reciclaxe polo que o o primeiro reto sería usalos correctamente, tirando cada residuo no seu correspondente lugar.
    Día 3 de Xuño: Baixa o consumo, acende a luz só cando é preciso, aforra auga, non enchas a bañeira, á vez estarás aforrando no consumo de gas.  (Na casa)
    Día 4 de Xuño: Reutilliza e recicla o papel que empregues ao largo do día.
    Día 5 de Xuño: Presentación da ecoloxía (PPT). Reto especial:  xincana con premio aos tres primeiros gañadores.
    Día 6 de Xuño: Non empregues aerosois en spray despois de E.F. Estes contaminan e destrúen a capa de ozono.
  • Colocación de cubos de lixo (plásticos, papeis e materiais orgánicos) polo centro
    4. Temporalización:
  • Semana do 2 ao 5 de Xuño de 2014